Balchada Outeiral, Sergio

Galegos no exército de Euzkadi : 1936-1937 / Sergio Balchada Outeiral - Pontevedra : Deputación de Pontevedra , D.L. 2021 - 286 p. : fot., il., mapas ; 24 cm

"Trátase dun novo libro editado polo servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico provincial, dependente da nacionalista María Ortega, que pretende recuperar a memoria histórica do acontecido durante a Guerra Civil e a ditadura dende unha perspectiva de país, xénero e clase.
Segundo explica o autor Sergio Balchada, cando a primeiros de outubro de 1936 os milicianos do batallón CNT n.º 1 Bakunin se instalaron en Amurrio para ocupar posicións na fronte arabesa non pasaron desapercibidos entre a poboación local, entre outras cousas, polo acento galego de moitos dos seus compoñentes.
A presenza de milicianos oriúndos de Galiza no Euskadiko Gudarostea, ou Exército de Euskadi, de feito, non foi anecdótica. Aínda que non se pode asegurar o número preciso destes, a cifra supera moi posiblemente os 2000 efectivos. Ademais de no mentado batallón Bakunin é notoria a participación galega nalgúns do outros 75 batallóns que completan as forzas vascas, por exemplo, o Celta, que solicitara unha bandeira “que llve como emblema algo que simbolice a rexión galega”, petición feita polo capitán Manuel Lampón Ríos (A Pobra do Caramiñal) e o tenente José Paz Davila (galego, mais sen confirmar o seu lugar de procedencia).

Os capítulos do libro tratan temáticas como ‘Trintxerpe. A quinta provincia galega’, ‘Guipuzkoa. Ás barricadas’, ‘José Echeverría Novoa. O galego que puido ser lehendakari’, ‘Bilbo. A formación dos batallóns’, ‘A mariña auxiliar de Euskadi. Os galegos que morreron na batalla de Matxitxako’, ‘ 31 de marzo de 1937. O principio da fin’, e finalmente ‘Despois de Santoña. Unha longa noite de pedra’." (da web da Deputación de Pontevedra)

1º-2º BAC

9788484575047


Galicia - --Historia - --Movimientos de resistencia--1936-1939, (Guerra Civil) -
Galicia - --Historia - --Movementos de resistencia--1936-1939 (Guerra Civil) -

94(460)"1936/39" 355.097.2(1.460.11:460.15)"1936/39"

Coa tecnoloxía Koha