Alicia e a mestra de Oza / Paula Carballeira
por Carballeira, Paula [autor/a]
; R., Iván [ilustrador/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Ribeira do Louro Sala préstamo | 82N-G-X CAR ali | Prestado | 11/03/2026 | PED025000021252 |
|
«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida. Esas non duraban moito tempo. Denunciábanas porque eran tan libres que metían medo e ninguén quería que os nenos e, sobre todo, as nenas se fixesen ilusións cun futuro mellor.»
Durante os anos infames da posguerra e ditadura, as familias aprenderon a gardar segredos, tamén silencio, porque había cousas que era mellor non saber ou non lembrar ou non atreverse a dicir. Pero, chegado o momento, sempre hai alguén que propón mirar ao redor, ter curiosidade, afastar os medos. Así é como Alicia descobre que houbo mulleres que, aínda que non aparecen nos libros, loitaron contra a desigualdade desde as escolas e abriron camiño.
Alicia e a mestra de Oza é o cuarto título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
5º-6º Primaria
1º-2º ESO