Un hotel de primeira sobre o río / de Xohana Torres ; dirección e dramaturxia Gonçalo Guerreiro e María Torres
por Torres, Xohana (1931-2017 ) [autor/a]
; Guerreiro, Gonçalo [director/a artístico/a]
; Torres, María [director/a artístico/a]
; Centro Dramático Galego
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Ribeira do Louro Sala préstamo | 82T-G TOR hot | Dispoñible | PED025000020697 |
|
Os ollos de Ruth guíannos por unha trama na que están presentes a especulación urbanística, o caciquismo, a colonización turística, a emigración ou o desarraigo.
A especulación urbanística, a depredación do medio rural ou o desarraigamento son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, que vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa.
O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro do momento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.
Premio Castelao 1996