Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Galegos no exército de Euzkadi : 1936-1937 / Sergio Balchada Outeiral

por Balchada Outeiral, Sergio [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Deputación de Pontevedra , D.L. 2021 Descrición: 286 p. : fot., il., mapas ; 24 cm.ISBN: 9788484575047.Materia(s): Galicia - -- Historia - -- Movimientos de resistencia -- 1936-1939, (Guerra Civil) - | Galicia - -- Historia - -- Movementos de resistencia -- 1936-1939 (Guerra Civil) -Resumo: "Trátase dun novo libro editado polo servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico provincial, dependente da nacionalista María Ortega, que pretende recuperar a memoria histórica do acontecido durante a Guerra Civil e a ditadura dende unha perspectiva de país, xénero e clase. Segundo explica o autor Sergio Balchada, cando a primeiros de outubro de 1936 os milicianos do batallón CNT n.º 1 Bakunin se instalaron en Amurrio para ocupar posicións na fronte arabesa non pasaron desapercibidos entre a poboación local, entre outras cousas, polo acento galego de moitos dos seus compoñentes. A presenza de milicianos oriúndos de Galiza no Euskadiko Gudarostea, ou Exército de Euskadi, de feito, non foi anecdótica. Aínda que non se pode asegurar o número preciso destes, a cifra supera moi posiblemente os 2000 efectivos. Ademais de no mentado batallón Bakunin é notoria a participación galega nalgúns do outros 75 batallóns que completan as forzas vascas, por exemplo, o Celta, que solicitara unha bandeira “que llve como emblema algo que simbolice a rexión galega”, petición feita polo capitán Manuel Lampón Ríos (A Pobra do Caramiñal) e o tenente José Paz Davila (galego, mais sen confirmar o seu lugar de procedencia). Os capítulos do libro tratan temáticas como ‘Trintxerpe. A quinta provincia galega’, ‘Guipuzkoa. Ás barricadas’, ‘José Echeverría Novoa. O galego que puido ser lehendakari’, ‘Bilbo. A formación dos batallóns’, ‘A mariña auxiliar de Euskadi. Os galegos que morreron na batalla de Matxitxako’, ‘ 31 de marzo de 1937. O principio da fin’, e finalmente ‘Despois de Santoña. Unha longa noite de pedra’." (da web da Deputación de Pontevedra)
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Ribeira do Louro
Sala préstamo
93G BAL gal Dispoñible PED025000019206

"Trátase dun novo libro editado polo servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico provincial, dependente da nacionalista María Ortega, que pretende recuperar a memoria histórica do acontecido durante a Guerra Civil e a ditadura dende unha perspectiva de país, xénero e clase.
Segundo explica o autor Sergio Balchada, cando a primeiros de outubro de 1936 os milicianos do batallón CNT n.º 1 Bakunin se instalaron en Amurrio para ocupar posicións na fronte arabesa non pasaron desapercibidos entre a poboación local, entre outras cousas, polo acento galego de moitos dos seus compoñentes.
A presenza de milicianos oriúndos de Galiza no Euskadiko Gudarostea, ou Exército de Euskadi, de feito, non foi anecdótica. Aínda que non se pode asegurar o número preciso destes, a cifra supera moi posiblemente os 2000 efectivos. Ademais de no mentado batallón Bakunin é notoria a participación galega nalgúns do outros 75 batallóns que completan as forzas vascas, por exemplo, o Celta, que solicitara unha bandeira “que llve como emblema algo que simbolice a rexión galega”, petición feita polo capitán Manuel Lampón Ríos (A Pobra do Caramiñal) e o tenente José Paz Davila (galego, mais sen confirmar o seu lugar de procedencia).

Os capítulos do libro tratan temáticas como ‘Trintxerpe. A quinta provincia galega’, ‘Guipuzkoa. Ás barricadas’, ‘José Echeverría Novoa. O galego que puido ser lehendakari’, ‘Bilbo. A formación dos batallóns’, ‘A mariña auxiliar de Euskadi. Os galegos que morreron na batalla de Matxitxako’, ‘ 31 de marzo de 1937. O principio da fin’, e finalmente ‘Despois de Santoña. Unha longa noite de pedra’." (da web da Deputación de Pontevedra)

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha